O obxectivo do traballo é usar un ANOVA para explicar o comportamento dunha variable,
Debedes escoller unha variable explicada cuantitativa entre as que escollestes para o traballo, e usar outra ou outras cualitativas como factores. No caso de que vexades que as variables non fosen apropiadas para o que queredes facer podedes escoller unha variable nova.
Por exemplo:
Estudar se o gasto medio en paquetes turísticos internacionais é significativamente tendo en conta a rexion NUT2
ou
Estudar se o gasto medio en bebidas espirituosas é significativamente diferente en cada rexión NUT2 e tendo en conta tamén o tamaño do concello no que reside o fogar
Débese entregar o texto en pdf. Cun máximo sen contar anexos de 1500 palabras.
O formato debe ser “formal”, imitando o que se usa na facultade para os TFG. Podedes baixar un modelo de Aquí. Está en formato .odt, pero debe ser fácil cambialo a Word. Se non podedes adaptar o modelo orixinal do TFG Aquí, en formato .docx
O tope para entregar o texto é o Domingo, 14 de maio, ás 23:95
Máximo 0.5.
Neste traballo non se fai exposición.