Traballo 2: Econometría: Análise de Variables Cuantitativas

O obxectivo do traballo é usar unha regresión para explicar o comportamento dunha variable,

Debedes escoller unha variable explicada entre as que escollestes para o traballo, e usar outra ou outras como explicativas. No caso de que vexades que as variables non fosen apropiadas para o que queredes facer podedes escoller unha variable nova.

Por exemplo:

Explicar o gasto en paquetes turísticos internacionais en función da renda e o tamaño do fogar (UC2) e probar o mesmo modelo cambiando renda por gasto do fogar, para ver cal dos dous é mellor

ou

Explicar o gasto en bebidas espirituosas en función da renda e o tamaño da familia, estimando un modelo para cada unha das rexións NUT1

Débese entregar o texto en pdf. Cun máximo sen contar anexos de 1500 palabras.

O formato debe ser “formal”, imitando o que se usa na facultade para os TFG. Podedes baixar un modelo de Aquí. Está en formato .odt, pero debe ser fácil cambialo a Word. Se non podedes adaptar o modelo orixinal do TFG Aquí, en formato .docx

O tope para entregar o texto é o Mércores, 24 de abril, ás 23:95

Máximo 1. Repartido en 0.75 puntos o texto e 0.25 a exposición.

Realizaranse as exposicións de todos os traballos na derradeira (ou derradeiras) semana do curso. O profesor escollerá unha persoa do grupo para expoñer, mentres que o resto do grupo debera contestar por escrito algunha preguntas sobre o que puxeches no traballo.

Que se pode usar? Códigos