O obxectivo do traballo é estudiar a relación entre variables cualitativas, escollendo duas (ou mais, segundo o que propoñades) das variables que escollestes para o traballo. No caso de que vexades que as variables non fosen apropiadas para o que queredes facer podedes escoller unha variable nova.
Debedes analizar como mínimo a relación entre dúas variables cualitativas.
Por exemplo:
Analizar se existe relación entre tamaño do concello e rexión nuts 1
ou
analizar se os ingresos poden influir no gasto en paquetes turísticos internacionais
Débese entregar o texto en pdf. Cun máximo sen contar anexos de 2000 palabras.
O formato debe ser “formal”, imitando o que se usa na facultade para os TFG. Podedes baixar un modelo de Aquí. Está en formato .odt, pero debe ser fácil cambialo a Word. Se non podedes adaptar o modelo orixinal do TFG Aquí, en formato .docx
O tope para entregar o texto é o 15 de marzo
Máximo 1.25. Repartido en 1 punto o texto e 0.25 a exposición.
Realizaranse as exposicións de todos os traballos na derradeira (ou derradeiras) semana do curso. O profesor escollerá unha persoa do grupo para expoñer, mentres que o resto do grupo debera contestar por escrito algunha preguntas sobre o que puxeches no traballo.
Códigos:
Información producida na titoría en grupo: