6 e 10 de marzo

Traballos. Explicación do 1º traballo: Variables cualitativas

O obxectivo desta titoria en grupo é explicarvos o 1º traballo, e o código que se usa. Se sobra tempo, podedes comezar a facelo cos vosos datos e podedes preguntar as dúbidas que vaian aparecendo.

Horario

  • Luns, 10, de 11:30 a 13:00
  • Luns, 10, de 14:00 a 15:30

Material que se empregará

Estan previstas duas prácticas:

  • A primeira a partir das 2 variables cualitativas presentes nos datos: Hai diferencias nos tamaños de concello entre as rexións NUTS1?.

  • A segunda discretizando variables numéricas: O gasto en turismo (gTUR_I) e os ingresos (IMPEXAC):

    • Hai relación entre o gasto en turismo internacional e o tamaño do concello
    • Hai asociación entre o gasto en turismo internacional e o ingreso

NORMAS

Non é avaliación, é só para aprender, polo tanto non puntua e non é necesario que poñades a webcam nin fagades ningunha entrega. Nin é obrigatorio asistir.

Co que aprendades debedes facer e entregar o 1º traballo (Análise cualitativa), sobre o que teredes información aquí: Traballo 1