Web de Estatística Económica II (grao de Economía::UDC)(GRUPO C)

15 Novembro.

3º Exame: martes 19 de novembro ou martes 26 de novembro.

A data da terceira parte do exame poderase escoller, entre o martes, dia 19, ás seis, na aula de clase; ou o martes, dia 26, ás seis e media, simplemente teredes que presentarvos o dia que escollades. Será na aula de clase, e entrarán os temas 2, 3 e 4.
A información está AQUI

Información e material para a titoria 3.

Este xoves (ás 14:00 e as 18:30) realizaranse titorias en grupo, que cualifican para o traballo (0,2).
Consistirán en aplicar contrastes de normalidade e paramétricos a uns datos, e podedes ver exemplos e material explicativo do que se vai facer AQUÍ
Para puntuar será necesario realizar un exercicio con dous apartados: 1º contraste de normalidade; 2º un contraste paramétrico, o que corresponda

12 novembro.

Clase do tema 4: martes 10 de novembro.

Podedes baixar a folla de cálculo cos exercicios realizados na clase do martes dia 10, desde AQUI

Calendario de actividades para as seguintes semanas.

Semana do 18 ao 22 de novembro:
Martes (1ª data proposta:dia 19, ás 18:00), na aula de clase - 3ª parte do exame: con preguntas dos temas 2, 3 e 4 (3.3 puntos).A información estará AQUI
Xoves(dia 21) ás 14:00: - 3ª Titoria (Exercicios de contrastes).(1ª quenda)
Xoves(dia 21) ás 18:30: - 3ª Titoria (Exercicios de contrastes).(2ª quenda)

Semana do 25 ao 29 de novembro:
Martes (2ª data proposta:dia 26, ás 18:30), na aula de clase - 3ª parte do exame: con preguntas dos temas 2, 3 e 4 (3.3 puntos).A información estará AQUI

Semana do 2 ao 6 de decembro:
Martes (dia 3): -7ª Actividade (Tema 5:Teoria de mostras; Tema 6: Fontes estatisticas). A información estará AQUI

Semana do 9 de decembro ao 13 de decembro:
Martes (dia 10): - 4ª parte do exame: con preguntas dos temas 3, 4, 5 e 6 (1 puntos). A información estará AQUI

Pendente: - Despois do 4º exame, as horas de clase que sobren adicaranse á exposición do traballo (0.6 pts)



Podedes acceder aos avisos máis antigos ...AQUÍ