AVALIACIÓN.


Oficial

- Exame:

- Traballo:actividade en grupo

- Probas:actividade individual

- Participación:actividade na aula

Avaliación alternativa (voluntaria)

A avaliación alternativa é algo que se pode facer voluntariamente, é a que se pode renunciar en calquera momento (perdendo o feito) para facer a avaliación oficial

- Exame:

Igual ca na avaliación oficial

Actividades individuais e na aula

A puntuación "oficial" das actividades individuais e de aula agrúpanse, polo que as actividades individuais voluntarias pasan a valer un 20% da nota (sen necesidade de sair ao encerado).
Teñen como obxectivo animarvos a que non estudedes só cando se achega o exame.
Consistirá en diferentes coleccións de exercicios e preguntas test que deberedes facer na aula sobre o explicado a semana anterior.
Dentro das posibilidades de tempo intentarase facer unha cada semana.

Puntuación

En cada parcial sumarase o número de apartados acertados de tódalas probas semanais realizadas, e aplicarase unha regra 20%-80%, que se explica AQUÍ

Antes de cada parcial poderase escoller unha das actividades, para repetir o mesmo día que se celebre a proba oficial.

Traballo alternativo

Será en grupo de 2 ou 3 persoas, con datos proporcionados polo profesor. Realizarase en 2 partes:
 1º: Temas 1 e 2 (descritiva):               0,7 puntos
 2º: Tema 3 (series):                  0,3 puntos

O resto de informacións sobre os traballos e os datos están pendentes de subir ao web.

A avaliación do traballo incluirá unha pequena avaliación a 1 dos membros do grupo.