CLASES.

As clases nesta matería empregaranse principalmente para introducir ao alumnado na teoría de cada tema, aclarar dúbidas e realizar os exercicios que suxirades.


Como podedes observar, neste esquema non queda sitio para o que habitualmente se entende por "clases prácticas": o profesor fai exercicios no encerado e os alumnos copian e atenden (ou non).

O motivo é que dado o énfase que se pon no traballo do alumno deberá ser este o que faga os exercicios e non o profesor, que xa hai moito tempo que aprendeu a materia.

Daquela, como aprenderedes a facer exercicios?

De dúas formas: mediante os "esquemas" e estudiando a teoría.

Os esquemas son unha parte do material que está a disposición do alumnado, e neles están tódolos exercicios básicos da materia, explicados por escrito do mesmo xeito que o profesor o esplicaría no encerado

Para exercicios con nivel por encima do básico sería suficiente con entender a teoría e recordar que non se vai aplicar ningunha cousa que non se aplicase xa antes en exercicios básicos

Para as clases tamén se dispoñerá de material para seguir a explicación do profesor, xa que o alumnado dispoñerá tanto dos apuntamentos da asignatura como das presentacións que o profesor empregue na aula