Organización da docencia 2021

As clases nesta materia están enfocadas seguindo as directrices marcadas polo proceso de Boloña, que propoñían o traballo do estudante como eixe fundamental da organización da aprendizaxe. Iso ten dúas consecuencias no enfoque das clases:

CLASES.

As clases nesta matería empregaranse principalmente para introducir a teoría de cada tema e aclarar dúbidas. Non existiran "clases prácticas" no sentido clásico do término.
Con todo, as circunstacias deste curso, con menos tempo de clase e a existencia de videos coas clases pregrabadas, quizais faga máis interesante unhas forma alternativa na que vós preparariades a teoria na casa mirando os videos, e as clases adicaríanse a aclarar dúbidas e facer exercicios, como unha maneira de aproveitalas mellor.
De todas formas esta proposta de cambio comentarase na aula antes de comezar a aplicala.

Dentro do material inclúese as presentacións que se empregarán na aula, con comentarios, dese xeito será máis fácil seguir a explicación do profesor, sen ter que copiar todo o que diga.
Inclúese tamén documentos de exercicios simples resoltos, de forma que equivalen a unha clase práctica explicada polo profesor, e series de exercicios propostos de nivel similar aos que se poñen no exame.