• Inicio

  • Exame

    Para quen non faga a avaliación alternativa o exame correspondese co exame final oficial (1ª e 2ª oportunidade) establecido para a materia, a nota máxima que se pode sacar nel é de 5.
    Aquelas persoas que saquen un 40% desta nota poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.

    Avaliación alternativa

    Exame:Separarase en tres partes, que se iran realizando durante o periodo lectivo. Os temas que entrarán en cada unha das partes son:
     1º: Tema 1:             1 punto
     2º: Temas 1, 2, 3, 5 e 6 (sáltase o 4):             2 puntos
     3º: Temas 4, 5, 6, 7 e 8:        2 puntos

    Aquelas persoas que fagan estes exames e saquen un mínimo do 50% da nota do exame poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
    Se non conseguides aprobar con esta avaliación alternativa podedes facer o exame final (1ª e 2ª oportunidade) coma os demais. Gardaráse a nota das actividades.

    Actividades con ordenador

    : Na avaliación alternativa realizaranse unhas probas con ordenador, na que se avaliará o manexo dos programas empregados na aula.
    •  É voluntario.
    •  A súa nota mellorara a nota dos exames alternativos, e axudará a conseguir a nota mínima do 50%.
    •  Esa nota non se sumará á nota do exame final, posto que neste caso a nota mínima é o 40%, e non deberían ser necesarios extras.