Web de Estatística Economica I (grupos A e C)

Información: Inicio

Organización do traballo

As clases nesta materia están enfocadas seguindo as directrices marcadas polo proceso de Boloña, que propoñían o traballo do estudante como eixe fundamental da organización da aprendizaxe. Iso ten dúas consecuencias no enfoque das clases:

  1. Non se considera obrigatoria a asistencia, e polo tanto NON SE PASARÁ LISTA
  2. Considerase que un estudante pode dedicarlle a cada materia 7 horas de traballo á semana: 3 na aula e o resto de traballo na casa.

Esas 7 horas serian suficientes para un estudante tipo desta titulación. Por suposto, haberá quen necesite menos (ou máis), dependendo das diferentes capacidades e a preparación coa que se accedeu á universidade.

Este enfoque de traballo semanal podedes aceptalo ou non (obviamente), e se alguén é capaz de estudiar o suficiente para aprobar en 1 ou 2 días o profesor non se vai enterar. Tamén é certo que o profesor non cre en milagros, por iso recomenda non deixar todo para o final.

E por se a recomendación non chega, aparte da avaliación OFICIAL vaise propoñer unha avaliación alternativa (é voluntaria, ollo!),organizada para que teñades un motivo para estudar cada semana.

Clases

As clases nesta matería empregaranse principalmente para introducir a teoría de cada tema e aclarar dúbidas. Non existiran “clases prácticas” no sentido clásico do término.

Titorías en grupo

Unha parte das titorias en grupo serán na aula de informatica, para axudarvos en relación aos traballos da materia. O resto estatán relacionadas coas actividades, e serán sobre todo para preparar os exercicios e preguntas test que entren en algunhas delas.

Materiais de apoio:

Hai diferentes tipos de material de apoio para preparar esta materia.

A nivel teórico dispoñedes das presentacións que se usarán na aula, con comentarios, o seu obxectivo é que non necesitedes copiar todo o que diga o profesor, xa que está aí, e só deberedes complementalos con algunha anotación.

Estes comentarios explican un pouco a teoria desta matería, pero hai tamén uns apuntamentos teóricos, que explican mellor cada un dos temas. Recomendaríavos que comezarades polos comentarios das presentacións, lendo despois os apuntamentos para comprender mellor os conceptos que se manexan. Dispoñedes tamén de colección de preguntas test, para comprobar os coñecementos que vaiades adquirindo.

Por se acaso non vos motiva entender a teoría avísovos que é a metade da nota do exame.

Respecto dos exercicios, a miña recomendación é comezar polos exercicios resoltos (esquemas) posto que son exercicios básicos, útiles para comezar a entender os conceptos. Unha vez que entendades o básico, os exercicios propostos recollen exercicios máis complicados, incluindo bastantes exercicios procedentes de exames.

Avaliación

Estara organizada en dous grandes bloques: Exames (50% da nota) e continua. A continua consta de actividades (35%) e traballo en grupo (15%)

A avaliación oficial consta do exame final, actividades que se realizaran ao final do cuadrimestre e traballo que se irá desenvolvendo durante o todo o periodo.

Hai a posibilidade de escoller unha avaliacion “alternativa”, que reparte o exame e as actividades durante todo o periodo de clases, de maneira que levedes a materia máis ou menos ao día (cada semana habería algun tipo de avaliación). Este sistema é voluntario, e en caso de que non consigas aprobar con el sempre queda a opción de facer a “avaliación oficial”.

Mais informacion sobre a avaliacion AQUÍ