A partir do 6 de maio e ata o 8 podedes facer a entrega do texto e despois na seguinte hora de clase facer a presentación do traballo. Será en horario de clase.
Que día me toca?
O día da exposición podedes escollelo vos. A única condición é que debedes entregar o texto co traballo a víspera, e realizar a exposición usando unha presentación, que non é necesario entregar.
Puntuación
Máximo 0,8 pts Valorarase o texto do traballo e a exposición.
Quen expón?
Unha persoa do grupo escollida polo profesor. O resto do grupo deberá contestar por escrito 3 preguntas sobre o que poñades no traballo.
Que se entrega?
Un texto en formato pdf, do cal podedes ver un exemplo parcial AQUÍ. O tamaño máximo será de 2000 palabras
Que material se pode usar?
Suponse que usaredes os borradores que entregastes anteriormente.
O obxectivo desta é que completedes o traballo, realizando as análises bivariantes (incluindo regresións) que necesitedes para completalo. Consiste de unha asistencia á aula de informática, para facer unha práctica; e de escribir e entregar un borrador sobre o traballo completo. (inclue o borrador 1)
Non ten que ser moi completo, pode ser breve. Pero canto mellor o fagades menos esforzo teredes que realizar en maio, na entrega definitiva.
Data límite para entregala, venres 26 de abril, ás 23:55
En que consiste?
Cada grupo debe realizar un borrador e uns cálculos e subilos antes da data indicada. O borrador pode ser breve (EXEMPLO), ou longo (EXEMPLO). Puntúan o mesmo, pero se o facedes máis completo quedarán menos esforzo para completar o traballo no mes de maio. .
Que se entrega? O borrador en formato PDF (debe incluir o 1º borrador).
Puntuación? Individual na práctica, e para o borrador a mesma para todos os membros do grupo.
Que material se pode usar? Os datos que escollerades, e as diferentes chuletas de R que vos proporcionarei: AQUÍ
VIDEOs con un exemplo: Neste caso non hai. Debería ser suficiente coa práctica na aula de informática, e con seguir os pasos da chuleta de regresión (algúns, por que a maioría poden sobrar).
O obxectivo desta entrega é que comecedes a pensar no que queredes facer no traballo. Consiste de unha asistencia á aula de informática (titoría en grupo), para facer unha práctica; e de escribir e entregar un borrador sobre o traballo.
Non ten que ser moi completo, pode ser breve. Pero canto mellor o fagades menos esforzo teredes que realizar en maio, na entrega definitiva.
Data límite para entregala, venres, 22 de marzo, ás 23:55
En que consiste?
Cada grupo debe realizar un borrador e uns cálculos e subilos antes da data indicada. O borrador pode ser breve EXEMPLO, ou longo EXEMPLO. Puntúan o mesmo, pero se o facedes máis completo quedarán menos esforzo para completar o traballo no mes de maio. .
Que se entrega?
O borrador en formato PDF.
Puntuación?
A mesma para todos os membros do grupo.
Que material se pode usar?
Os datos que escollerades, e as diferentes chuletas que vos proporcionei: AQUÍ
VIDEOS con un exemplo: Debería ser suficiente coa práctica na aula de informática, pero os videos son os seguintes:
O obxectivo desta entrega é que comecedes a manexar un dos programas co que podedes realizar o traballo, con algunha tarefa simple. Faise a partir do que se aprende nos 2 primeiros dias de clase.
Data límite para entregala, domingo, 18 de febreiro, ás 23:55
En que consiste?
Cada membro do grupo ten que facer 4 graficas, usando un tipo diferente de datos en cada unha delas: un atributo, unha variable discreta, unha variable continua, e unha serie de tempo.
Debedes usar algunha das variables que tedes nos vosos datos do traballo, e se non tedes do tipo que necesitades podedes coller algunha en Moodle, nos datos do cartafol de datos para a aula.
Que se entrega?
O ficheiro co código de R que usedes.
Puntuación?
Se entregan todos os membros do grupo: 15% da nota do traballo para cada un. Se non a metade, para quen entregue.
Que material se pode usar?
Os datos debedes escollelos entre os datos que escollestes para o traballo. Se non son suficientes para todo o grupo podedes escoller entre os datos que están en moodle, no cartafol datos para a aula.
Ademais tedes un pdf, que di os tipos de graficas que podedes usar en cada caso, e a chuleta de código para gráficas: AQUI
VIDEO con un exemplo
VIDEO con un exemplo: AQUÍ
Neste páxina recolleranse as diferentes informacións sobre o traballo que aparezan na paxina de inicio, para que estean máis fáciles de atopar.