Web de Estatística Economica I (grupos A e C)

Avisos sobre os exames

Información:    Inicio         Información xeral sobre o exame

4 de marzo

Primeira parte do exame: Mércores 15 de marzo ás 18:30, aula ainda sen determinar.

Canto puntua?

Puntua 1,5 puntos. A metade en preguntas tipo test, e a outra metade en exercicios con algunha cuestión teórica.

Neste exame poderedes usar comodíns obtidos na proba voluntaria de ordenador. So se poden usar en apartados marcados, ou no test (aquí globalmente). Podedes ver unha mostra de como se reparten nos exemplos de exames colocados na sección de material (AQUÍ)

Como serán as preguntas?

Será unha parte test e outra de exercicios. Podedes ver exemplos deste tipo de exames AQUÍ, (Exames alternativos).

Material que podedes usar

e que podedes descargar na páxina de DESCARGA

(OLLO!: non é para que usades todo, por que é demasiado material.Sodes vós os que decidides canto necesitaredes, e onde debedes parar.)

  • TEORÍA: Apuntamentos e presentacións do primeiro tema. Exercicios TEST:Conteñen exercicios test de exame.
  • PRÁCTICA:
    1. ESQUEMAS:Son a explicación dos exercicios básicos.
    2. Exemplos das ACTIVIDADES:Son os que lle seguen en dificultade, ainda que xa deberían estar estudados.
    3. Exercicios PROPOSTOS:Seguen en dificultade, e conteñen exercicios de exame.
    4. Exames ALTERNATIVOS.

31 xaneiro

Comezan as clases

Neste páxina recolleranse as diferentes informacións sobre o exame que aparezan na paxina de inicio, para que estean máis fáciles de atopar.