Información sobre o EXAME EXTRA.

- Realizarase fora de hora de clase. Hai límite de persoas (20) que se poden anotar en cada sesión.
As datas e horario son: - martes 4, de 7 a 8
- mércores 5, de 12 a 1; e de 7 a 8.

Serán exercicios de Estatística resoltos coa axuda de ordenador. Pode usarse R ou folla de cálculo.
Se usades folla de cálculo comprobade que sabedes como resolver cada cousa que se pregunta e non ides preguntar durante o exame.

Para realizalo hai que anotarse en Moodle.
O seu valor é 0,5 pts. que se sumarán á nota dos exames alternativos, pero non se gardan para o exame final

Como é

Será un exercicio con 4 apartados (ou sexa, 4 preguntas). Podedes ver un exemplo do que se vos entregará AQUÍ, e un video no que se explica como resolver este exemplo de exame AQUÍ
En total pódense preguntar 17 cousas diferentes que podedes ver dentro do material, nos ficheiros exemplo1 e exemplo2.

Material para preparalo

O material está neste ficheiro: exercicios e exemplos;
Inclúe:


Calquera dúbida que teñades podedes consultalo co profesor.