Para quen non faga a avaliación alternativa o exame correspóndese co exame final oficial (1ª e 2ª oportunidade) establecido para a materia, a nota máxima que se pode sacar nel é de 5.
Aquelas persoas que saquen un 40% desta nota poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
AVISO: A nota máxima do exame é 5, o que implica que quen non puntúe coa avaliación continua deberá ter o exame perfecto para aprobar.
Para incentivar que traballedes durante todo o periodo lectivo e non só ao chegar as datas pre-exames vaise propoñer repartir actividades, traballos e exame ao longo das diferentes semanas de clase. Nas seguintes condicións:
O exame (50%) na avaliación alternativa separarase en tres partes, que se iran realizando durante o periodo lectivo. Os temas que entrarán en cada unha das partes son:
1º: Temas 1, 2, 3 e 4: 1,5 puntos
2º: Temas 5, 6, 7 e 8: 1,5 puntos
3º: Temas 1, 4, e 7: 2 puntos
Aquelas persoas que fagan estes exames e saquen un mínimo do 50% da nota do exame poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
Se non conseguides aprobar con esta avaliación alternativa podedes facer o exame final (1ª e 2ª oportunidade) coma os demais, pero só se gardará nota das actividades e o traballo.
Na avaliación alternativa realizaranse varias probas con ordenador serán voluntarias.
Non puntúan directamente, pero obtéñense “comodíns”, que sustituirán a algunhas preguntas dos exames (estarían ben sen necesidade de facelas). O alumnado que non teña comodins pode facer as preguntas normalmente, e pode aprobar ou acadar a nota máxima sen facer a avaliación informática.
Estes comodíns non se poden aplicar no exame final, posto que neste caso a nota mínima é o 40%, e non deberían ser necesarios extras.