A Avaliación estará formada por dúas partes: actividades-traballos e exame. Repartíndose as cualificacións do xeito seguinte:
Actividades (35%);Traballos (15%); Exame (50%)
ademais, para poder sumar a nota das actividades e os traballos será necesario obter unha cualificacion mínima do 40% no exame final.
Unha avaliación opcional será a parte informática. Realizaranse varias probas con ordenador, voluntarias. Non puntúan directamente, pero obtéñense “comodíns”, que sustituirán a algunhas preguntas de exame (estarían ben sen necesidade de facelas). O alumnado que non teña comodins pode facer as preguntas normalmente, e pode aprobar ou acadar a nota máxima sen facer a avaliación informática.
Teñen como obxectivo animarvos a que non estudedes só cando se achega o exame final. Consistirá en diferentes coleccións de exercicios e preguntas test que deberedes facer nunha aula. A súa realización será en torno á derradeira semana de clases, excepto para quen escolla a avaliación alternativa.
As cualificacións sepáranse entre diferentes grupos de temas, e aplícase en cada bloque de actividades unha regra 20%-80%, que se explica AQUÍ
Os bloques de actividades e a súa cualificación repártese como segue:
1º: Temas 1, 2, 3 e 4: 1,75 puntos
2º: Temas 5, 6, 7 e 8: 1,75 puntos
Realizarase 1 traballo, en grupo, sobre diferentes temas da materia, con datos proporcionados polo profesor: Temas 1 e 4: 1,5 puntos
O traballo será de pequeno tamaño (máx. 1500 palabras), indicándose o límite exacto no momento no que se propoña.
Para avalialos poderán realizarase exposicións e/ou preguntas ou exercicios de comprobacion baseados no que se fixo no traballo.
Estas comprobacións realizaranse na mesma semana cás actividades, excepto para quen escolla a avaliación alternativa.
Tamaño dos grupos: Os grupos serán de 2 persoas.
A avaliación do traballo poderá incluir unha exposición na aula, ou avaliación escrita.
Para quen non faga a avaliación alternativa o exame correspóndese co exame final oficial (1ª e 2ª oportunidade) establecido para a materia, a nota máxima que se pode sacar nel é de 5.
Aquelas persoas que saquen un 40% desta nota poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
AVISO: A nota máxima do exame é 5
o que implica que quen non puntúe coa avaliación continua deberá ter o exame perfecto para aprobar.
Para incentivar que traballedes durante todo o periodo lectivo e non só ao chegar as datas pre-exames vaise propoñer repartir actividades, traballos e exame ao longo das diferentes semanas de clase. Nas seguintes condicións:
Actividades (35%): serán as mesmas e do mesmo tipo cás actividades da avaliación oficial. A diferencia será que se farán 1 ou 2 cada semana (ás veces ningunha, quizais), pero a valoración e o tipo de exercicios serán os mesmos que as da avaliación oficial. Ademais, se así o desexades, podedes escoller dúas calquera destas actividades e repescalas na semana final, para así mellorar a nota conseguida durante as semanas de clase.
Traballo (15%): Será o mesmo, coas mesmas condicións có da avaliación oficial, pero repartirase durante o periodo docente.
Para avalialos poderán realizarase exposicións e/ou preguntas ou exercicios de comprobacion baseados no que se fixo no traballo.
A elección dunha ou outra posibilidade dependerá das dispoñibilidades de tempo.
Exame (50%):Separarase en tres partes, que se iran realizando durante o periodo lectivo. Os temas que entrarán en cada unha das partes son:
1º: Temas 1, 2, 3 e 4: 1,5 puntos
2º: Temas 5, 6, 7 e 8: 1,5 puntos
3º: Temas 1, 4, e 7: 2 puntos
Aquelas persoas que fagan estes exames e saquen un mínimo do 50% da nota do exame poderán sumar as cualificacións de actividades e traballos.
Se non conseguides aprobar con esta avaliación alternativa podedes facer o exame final (1ª e 2ª oportunidade) coma os demais. Gardaráse a nota das actividades.
Serám voluntarias. E só se inclúen na avaliación “alternativa”, non se garda o seu resultado para o exame final.
Estas probas mon puntúan directamente, pero proporcionam “comodíns”, que sustituirán a algunhas preguntas dos exames alternativos (estarían ben sen necesidade de facelas).
Estes comodíns non se poden aplicar no exame final, posto que neste caso a nota mínima é o 40%, e non deberían ser necesarios extras.