Programación con R en Economía e Empresa (en preparación)

Neste curso amosarase a utilización de R para a aplicación de diferentes técnicas de Estatística e Econometría.

Co manexo destas técnicas aprenderanse tamen diferentes conceptos e características deste programa, de maneira que o estudante adquira unha base para que no futuro poida extender por si mesmo a utilización deste software a outros métodos que lle resulten de utilidade.

Ademais, dado que como método de aprendizaxe se propoñerá a realización de exemplos, é moi recomendable que os estudantes traian os seus portátiles, cos programas R e RStudio, os cales, dado que son software libre, poden ser obtidos nas súas propias webs:

Vídeo con algo de información para baixar os programas

Un manual informando sobre estes programas pode baixarse na primeira ligazón da sesión 1: Que son R e RStudio

Programa

Nesta sección dispoñerase o material para a clase, en forma de manuais e datos.

Sesión 1

Materiais: Presentacións, codigos, datos, exercicios para empregar o primeiro dia de clase.

Sesión 2

Materiais: Presentacións, codigos, datos, exercicios para empregar o segundo dia de clase.

Sesión 3

Materiais: Presentacións, codigos, datos, exercicios para empregar o terceiro dia de clase.

Sesión 4

Documentación xeral sobre R

  • Podedes atopar na páxina de DOCUMENTACIÓN diferentes lugares con información para preparar R. Desde os manuais oficiais (máis linguaxe ca Estatística) ata unha variedade de introducións e maneiras de aplicalo. Blogs, formatos seminario e libros libres.

  • Material con introdución a series de tempo: AQUÍ

  • Material con introdución á programación con R: AQUÍ