Se queredes preguntar dúbidas, no correo: xm@estatistica.es
O 5º día de seminario vai ser o XOVES 3 de novembro, ás 11:30 (aula 2.10), pola mañá e ás 16:30 pola tarde (aula 0.2, pero pendente de confirmar).
Pola mañá, ao non realizala nunha aula de informática, é necesario que traiades vós un ordenador. Pola tarde sería recomendable que o traiades en caso de que non me confirmen a aula.
A maiores do diploma de asistencia, que se obtén asistindo e entregando as tarefas pódese obter un diploma de superación, precisamente superando un pequeno exame.
Vou propoñer tres periodos para facer o exame, que será online en Teams.
Irei mandando avisos cando se achegue algún dos periodos. Se o queredes facer mandademe un aviso por correo, asi sabendo quen se presenta podo organizar un horario que lle veña ben a todo o mundo.
Exemplo de exame: AQUÍ
Neste seminario, para recibir o diploma de existencia é necesario realizar 3 tarefas simples, de análise de datos con R.
Consistirá en mellorar a segunda tarefa, pero incluindo cousas feitas con dplyr e un gráfico con ggplot2. Xa sei que en algún caso cubrides isto co entregado na 2ª tarefa, nese caso simplemente ampliade algun calculo e gráfico máis ca o que xa entregastes.
O prazo para que enviedes por email esa proposta é ata o 13 de novembro.
A 2º tarefa consiste en realizar as cálculos que propuxestes na primeira tarefa.
O prazo para que enviedes por email esa proposta é flexible: podese entregar ata o 6 de novembro, ou esperar e facelo coa 3ª tarefa.
A 1º tarefa consiste simplemente en que vós propoñades a tarefa que ides facer.
Para iso propóñovos 8 coleccións de datos, nesta páxina web:
das cales debedes escoller unha delas e propoñerme que tarefa de análise de datos faríades con ela.
Non é necesario ningún cálculo. Só presentar unha idea simple. Por exemplo, se tivésemos os datos do paquete nycflights13 poderíades calcular o retraso medio na chegada para cada compañía e representalo graficamente. Sería suficiente con dicir iso.
Dia 4 25 e 26 de outubro : (Estruturas de datos - Regresión: Matrices e listas. Aplicación a unha regresión.) : MATERIAL
Dia 3: 19 e 20 outubro (ggplot2 - Rmarkdown: Graficas en R. Informes en R.): MATERIAL
Dia 2: 5 e 6 outubro (Dplyr:: Preparar datos.): MATERIAL—— Codigo realizado na aula
Dia 1: 3 outubro (Introdución: Abrir ficheiros de datos e primeiros pasos.):MATERIAL ——- Codigo realizado na aula
Este seminario ten o obxectivo de proporcionar a estudantes un nivel introductorio na analise de datos con R. Poderanse obter dous tipos de diplomas:
Estudantes das nosas titulacións (ADE, Economía, Empresa e as dobres relacionadas, ademais dos diferentes master), que teñan superada a Estatística I.
Faranse dúas sesións, unha de mañá e outra de tarde.
Mañá:
Tarde:
Usaranse os ordenadores da aula de informática, pero se traes o teu propio ordenador portatil deberá ter instalados os seguintes programas:
RStudio (Versión Desktop- Open Source Edition): www.rstudio.com
Por exemplo o que se ve nestes videos:VIDEOS DE INTRODUCIÓN,
Son 2 sesións diferentes de introdución para estudantes de 1º de Economía, polo tanto é Estatística elemental.
Usanse comandos da seguinte colección de chuletas:
Podedes atopar na páxina de DOCUMENTACIÓN diferentes lugares con información para preparar R. Desde os manuais oficiais (máis linguaxe ca Estatística) ata unha variedade de introducións e maneiras de aplicalo. Blogs, formatos seminario e libros libres.